martes, 17 de marzo de 2020

#MÚSICAVIRAL 4

Xa temos a partitura para tocar mañán ás 12h. É moi sinxela.

Unha melodía que todos coñecedes por "Campanitas del lugar" e na que Mozart se basou para facer un movemento dunha sonata, facendo 12 variacións de esa melodía popular.

Animádevos a mandarme unha grabación de mañán!

No seguinte enlace está a partitura para flautas (en DO)  e tamén tedes noutros tonos: SIb (clarinete, trompeta ou saxo soprano e tenor), en Mib (saxo alto), en Fa (trompa) e tamén un acompañamento.

 https://musicaviral.weebly.com/partituras


Escoitade  o que fixo o xenial Mozart con esta melodía popular: