martes, 12 de junio de 2018

CONCERTO DE VIOLONCHELO

Hoxe na clase de  3ºA poidemos disfrutar dunha clase didáctica sobre o violonchelo, impartida pola compañeira Leticia Ogando. Ademais delitounos cun concerto solista no que interpretou tres pezas. Un aplauso para Leticia e moitísima sorte na proba de acceso a Grao Medio do Conservatorio!!! 

 

martes, 29 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

POESÍA A RITMO DE MARÍA VICTORIA MORENO...

Xa podedes ver os traballos dos compañeiros para homenaxear á protagonista do Día das Letras Galegas de este ano. Espero que fora unha boa experiencia o ensaio dos poemas, a búsqueda dunha base musical, coordinación do grupo, a gravación das voces, etc. Aínda quedan algúns por gravar que haberá que rematalos canto antes ...


Por orden de cursos:









viernes, 6 de abril de 2018

" Nun mar azul "

Como cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo. 

    Comparto con vos un fermoso videoclip, creado pola Asociación Familias Azuis, cuxo obxectivo é promover a diversidade en todos os ámbitos da vida.




Familias Azuis convida a espallar polas redes sociais este audiovisual de xeito que, entre todos, creemos na web un gran mar azul que convide a sociedade a achegarse ás persoas con TEA (trastorno do espectro autista), facer un esforzo de comunicación e de ruptura de barreiras con elas e apreciar as súas potencialidades.

miércoles, 14 de marzo de 2018

miércoles, 7 de marzo de 2018

O Entroido


PARABÉNS aos músicos que participaron no Entroido. Valorarase positivamente o esforzo, o estudo das partituras e os ensaios nos recreos. Grazas a tod@s. Foi xenial!


     

     
     
  

  

jueves, 18 de enero de 2018

STAR WARS

Xa que estamos en 3º e 4ºESO aprendendo o tema de Star Wars, aquí vos deixo a interpretación que fai a Orquestra filarmónica da BBC.
"Star Wars", unha banda sonora épica, da saga da "Guerra das Galaxias" composta por Jhon Williams, creador de icónicas melodías de cine , de películas tan coñecidas coma Superman, E.T. , Parque Jurásico, Tiburón, Indiana Jones, Harry Potter, etc. Disfrutade da orquestra e fixádevos nos instrumentos!


jueves, 21 de septiembre de 2017

O ALZHÉIMER NON VAI PODER COA MÚSICA

Hoxe, 21 de Setembro celébrase o Día Mundial dos enfermos de Alzheimer. Os neurólogos demostraron que a pesar da dexeneración que provoca esta enfermidade no cerebro, unha gran parte dos enfermos conserva os seus recordos musicais aínda nas fases máis tardías.

Convídovos a ler o artigo de Miguel Ángel Criado na Web Músicantigua.com . Podedes acceder picando na imaxe.

http://www.musicaantigua.com/el-alzheimer-no-puede-con-la-musica/

Os compoñentes do grupo musical "La oreja de Van Gogh" presentaron unha nova versión da canción 'Estoy contigo' coincidindo co Día Internacional do Alzheimer. Trátase dunha composición dedicada a todas aquelas persoas que sofren a enfermidade e aos que lles acompañan.Todos os beneficios que se recaden con ela irán destinados á Fundación Alzheimer España (FAE). Na nova gravación colaboraron tamén Ana Torroja, Andrés Suárez, David Otero, Funambulista, India Martínez, Iván Ferreiro, Maldita Nerea, Melendi, Rozalén e Vanesa Martín.

viernes, 30 de junio de 2017

Concerto didáctico de órgano en Celanova

Como remate do curso, déixovos o vídeo do día que pasamos en Celanova, acompañando ao órgano coa frauta na igrexa do Monasterio de San Salvador e algunhas fotiñas da visita turística.
Foi divertido, non si?

Cpi do Toural- Celanova 2016/ 17 from Cpi do Toural on Vimeo.

martes, 16 de mayo de 2017

Xogo de tronos

Déixovos este video para que os inspiredes e practiquedes a partitura para frauta.. pronto empezaremos cos instrumentos de pracas e faremos unha versión orquestral.
A versión para tocar coa frauta está na categoría "frauta".



Outra versión interesante de dous virtuosos do violoncelo...que a disfrutedes!

viernes, 5 de mayo de 2017

BRUNO MARS: " Count on me "

Nova canción para os/as de 4º ESO
                                                ... a practicar!

https://soniaarea.wixsite.com/brunomars